top of page

Servizos de consultoría enerxética

Belian Energy é o teu aliado na consecución de aforros enerxéticos e económicos

Diagnóstico de eficiencia enerxética

En Belian Energy queremos axudarche a optimizar o teu consumo de enerxía; analizamos o teu perfil de demanda e o contrato de fornecemento para proporche as mellores estratexias que maximicen o aforro.

Eficiencia na edificación

Tanto se é un particular ou unha empresa, ofrecémoslle asesoramento profesional para que o seu proxecto acade o maior grao de eficiencia enerxética, garantindo a mellor selección de  tecnoloxías de climatización e solucións de illamento .

Iluminación eficiente

Deseñamos instalacións de iluminación eficientes con obtención de  aforros de enerxía superiores ao 70%,  mantendo ademáis os máis altos niveis de calidade e confort lumínico.

Formación e sensibilización

En Belian Energy cremos que a formación e sensibilización en materia enerxética e climática son importantes para promover o uso axeitado da enerxía. Ofrecemos cursos, charlas e campañas de sensibilización personalizadas ao público obxectivo. 

Solucións de eficiencia enerxética personalizadas

Solicita asesoramento sen compromiso

Grazas, contactaremos contigo en breve!

Formulario Consultoría
bottom of page